16. A TENENCIA. ESCOLA DA AGRUPACIÓN INSTRUCTIVA DE REDES-CAAMOUCO
[1915] Modernismo
Lugar da Tenencia, s/n
[43°25'39.9"N · 8°12'19.3"W]
Esta Agrupación Instructiva foi constituída na Habana en 1911 por un grupo de emigrantes naturais de San Vicente de Caamouco. Ao pouco tempo van crear unha delegación nesta parroquia, presidida por Nicolás Noche Castro, un dos impulsores da construción da escola da Tenencia, inaugurada en 1915. Foi levantada polo mestre de obra José Calvo. Trátase dun edificio singular que salienta pola súa harmonía arquitectónica. Tiña dúas aulas, separadas por un corredor central, e cun cuarto de baño en cada unha. Contaba tamén con amplos espazos axardinados para diversas actividades deportivas e de lecer.