7. CASA JOAQUÍN SIXTO VÁZQUEZ
[1929] Eclecticismo
Avenida Celso Emilio Ferreiro. O Seixo
[43°27'12.9"N · 8°12'41.2"W]
Foi promovida por Joaquín Sixto Vázquez, emigrante na Habana. O proxecto foi obra dos arquitectos cubanos Albarrán e Bibal. Trátase dunha vivenda familiar que se distingue polo pintoresco da súa aparencia. Un soportal con tres arcos de medio punto sosteñen unha longa galería, pintada en branco e granate, igual que o perímetro dos vanos. Salienta tamén un balcón en esquina de madeira, que preside a fachada principal.