9. CASA MONTERO CABANA
[1925] Eclecticismo
Avenida de O Seixo, 126
[43°27'29.4"N · 8°13'04.8"W]
Esta pequena vivenda unifamiliar foi construída por Germán Brage. A peculiaridade principal é a aparición dunha bufarda que voa sobre a cuberta a dúas augas, con tella plana sobre estrutura de madeira. Un balcón con varanda de forxa rompe a liña da cornixa. Na fronte presenta un cerrume con balaustradas de formigón e con xardineiras na parte superior.