13. CASA NICOLÁS LÓPEZ CANCELA
[1922] Modernismo
Rúa Real, 73
[43°25'39.5"N · 8°14'39.4"W]
Foi o resultado da remodelación dunha casa familiar realizada polo emigrante na Habana Nicolás López Cancela. Responde ao modelo de vivendas de esquina. Como elementos máis atractivos da fachada principal figuran as galerías do primeiro andar, unidas por un balcón de forxa, o balcón corrido no segundo, unha ornamental cornixa e unha pequena bufarda, recuberta de escamas de cinc. Na fachada traseira unha galería percorre a primeira planta protexida por lamias de cinc sustentada por pilastras.