8. CASA ROSA
[1923] Eclecticismo
Avenida Celso Emilio Ferreiro. O Seixo
[43°27'12.9"N · 8°12'41.2"W]
Fronte á vivenda anterior atópase esta Casa Rosa, así denominada pola cor das súas fachadas. Foi construída polo emigrante na Habana Pedro Dopico Brage. Levantada en cemento, conta cunha escaleira con balaustrada que dá acceso ao vestíbulo de entrada, e con dous piares que soportan na parte superior unha galería corrida. Presenta unha cuberta en azotea, seguindo o modelo construtivo importado de Cuba e conta cun xardín con especies arbóreas, típicas indianas.