11. CEMITERIO PROTESTANTE
[1918]
Rúa da Paz, 26
[43°25'41.1"N · 8°14'54.6"W]
Nace por iniciativa da acción evanxelista en Ares, que comezara as súas primeiras predicacións en 1916, cando se inaugura o cemiterio cos cartos recadados pola colonia evanxelista de Ares e por emigrantes en Cuba, ante a negativa de autorizar enterros de herexes no cemiterio parroquial. Estaba afastado por un muro do camposanto católico. Durante a Guerra Civil as tapias do cemiterio utilizáronse para os fusilamentos e moitos dos mortos foron soterrados en foxas comúns. Dende o punto de vista arquitectónico, salienta especialmente unha artística portada.