1. CHALÉ DO ADRIANO
[1921-1925] Ecléctico con influencias neoclásicas
A Brea, 38. Barallobre
[43°27'26.7"N · 8°11'23.8"W]
Foi levantado polo indiano Antonio Fernández Fernández, coñecido como O Adriano, segundo os planos que el mesmo deseñou, despois de retornar de Cuba. Construída en formigón, salientan os balcóns e miradoiros e na azotea unha cúpula coa escultura simbólica do home da maleta, mirando á ría e cunha gabardina baixo o brazo; na súa man dereita un facho, como símbolo do éxito do indiano, representado por el mesmo.