19. CHALÉ DO AREAL
[1930-1934] Regionalismo
Estrada N-651. Rúa Areal, 25
[43°24'55.4"N · 8°09'57.6"W]
Foi promovido por Emilio Blanco Blanco, emigrante na Arxentina. A maxestosa vivenda álzase entre unha frondosa vexetación dunha extensa finca, na que salientan un impoñente abeto e unha araucaria. A torre con balcóns de rexería de ferro fundido, que se abren no piso nobre, e a cuberta de tella árabe sobre grandes beirados sostidos por pezas de madeira tallada de teca, propios da arquitectura rexionalista, é o elemento protagonista desta arquitectura doméstica. No seu momento, este palacete foi o conxunto residencial máis significativo do seu entorno.