2. CINE ADRIANO
[1947] Racionalismo
143, AC-133, 121. Barallobre
[43°27'36.7"N · 8°11'35.2"W]
Foi a primeira arquitectura do concello deseñada exclusivamente para cine, aínda que tamén se celebraron sesións de baile. O edificio é un proxecto do arquitecto Vicente García Lastra para Antonio Fernández Fernández. Trátase dunha austera edificación de dúas plantas na fachada principal, rematada co rótulo de Cine Adriano. Dispuña dun aforo para 388 espectadores. Inaugu- rouse o día do Nadal de 1947 coa proxección da película “El enemigo público número uno”. O seu estado actual é moi precario.