4. ESCOLA CURROS ENRÍQUEZ
[1916] Eclecticismo
Estrada da Palma, 217. Maniños
[43°27'10.3"N · 8°11'58.2"W]
Foi promovida pola Sociedad de Instrucción y Recreo Naturales del Ayuntamiento de Fene, constituída na Habana en 1910, e levantada cos planos enviados dende Cuba, deseñados coa finalidade de facer un edificio educativo moderno. Foi inaugurada en 1916. A Sociedad disólvese en 1930 por mor da crise económica e na actualidade é para uso das entidades sociais.