12. ESCOLA DA ALIANZA ARESANA DE INSTRUCCIÓN
[1909] Eclecticismo
Rúa María, 11
[43°25'31.6"N · 8°14'45.1"W]
Foi fundada pola Alianza Aresana de Instrucción na Habana (Cuba) en 1904, na rúa Industria 148, casa de Domingo Troche, converténdose na pioneira de todas organizacións comunitarias microterritoriais que agromaron posteriormente por numerosos lugares de Galicia. Cos planos enviados dende A Habana, abría o primeiro pavillón do grupo escolar do Porto en 1909, des- tinado exclusivamente a nenos. En 1911 péchase cunha muralla de pedra con reixa de ferro, da que sobresaen as pilastras que sosteñen a porta de acceso. Agustín Bendamio Leiro foi o que aportou a maior parte dos cartos para o pavillón central, inaugurado en 1936.