20. IGREXA DE SAN XOSÉ
[1947] Historicismo
Limodre
[43°26'11.3"N · 8°11'37.9"W]
Tal como consta nunha placa, o templo foi promovido por José Andrés Vázquez, a súa dona Modesta Varela Grande e a súa filla Dolores Andrés Varela de Veiga. Foi custeada parcialmente por subscrición popular, e na que participou o indiano, natural da mesma parroquia, Juan Varela Grande, que financia o altar coa Virxe da Caridade, patroa de Cuba. Salientan os trazos neogóticos do corpo central da fachada principal, rematado por un campanario con pináculos.