17. VILLA FRAIÁN
[1920] Eclecticismo
San Martiño do Porto. Na marxe esquerda da estrada local que conduce de Cabanas a Mugardos
[43°25'41.3"N · 8°10'40.8"W]
Foi un encargo dos irmáns Patiño, oriúndos de Cabanas e residentes na Habana, ao arquitecto local Manuel Leira y Leira para que modificara a casa materna, que databa de 1889. Mestura elementos rexionalistas e modernistas. Destacan unha longa galería lateral de madeira, con coidado deseño de carpintería, e a torre da parte traseira, de planta cadrada e de tres alturas, que finaliza cun balcón de varandas de ferro forxado e profusamente modulado, e coa cuberta de tella árabe a catro augas, rematada por unha esvelta agulla metálica que fai de pararraios.