18. VISTA ALEGRE
[1948] Eclecticismo
San Martiño do Porto
[43°25'30.1"N · 8°10'34.3"W]
Foi levantada polos irmáns Barros, orixinarios do Seixo e de Redes, seguindo o proxecto do arquitecto Viana, co sobrenome do Portugués. A vivenda sitúase nun terreo de grande pendente, salvada por unha escalinata que, a través dun percorrido polo xardín, conduce á entrada principal. Mestura elementos rexionalistas e indianos e presenta na fachada principal un soportal con columnas que sosteñen a terraza superior. Ao seu carón unha torre que sobresae por riba do resto da casa.