Actividades

CONCELLO DE ARES

Ares Indiano

Evento cultural e lúdico que pon en valor a emigración aresá de alén mar, a aquelas xentes. Inclúe conferencias, roteiros guiados, concertos, xogos populares, exposicións, animación na rúa... É unha homenaxe á historia da emigración e ás xentes que, tras marcharen do seu lugar de orixe, voltaron e convertéronse en mecenas de diversas iniciativas socioculturais na súa vila como forma de contribuír ao seu progreso.

Máis información:

actividades-ares-indiano-2
actividades-fene-ruta-indiana

CONCELLO DE FENE

Ruta Indiana, ven a Maniños

Coñecer a historia indiana de Fene a través dunha ruta guiada polo arquitecto Carlos Ardá e con recreacións teatrais de figuras insignes da época é o obxectivo desta actividade dirixida a poñer en valor o rico patrimonio que os emigrantes retornados de Ultramar fixeron posible co seu labor de mecenado. Hai varias saídas programadas ao longo do día con saída e chegada no Pote, e o percorrido faise en autobús de época.

Máis información:

ARES INDIANO
4º fin de semana de agosto
RUTA INDIANA
25 de agosto