O PATRIMONIO INDIANO

A EMIGRACIÓN FERROLTERRÁ A AMÉRICA

A emigración é un dos fenómenos que mellor definen a Historia Contemporánea de Galicia e unha data fundamental dese capítulo prodúcese a partir de 1853, cando unha Real Orde do 16 de setembro autorizaba legalmente a saída de emigrantes para Ultramar. Os maio- res países receptores van ser Arxentina, Cuba e o Uruguai e, en menor medida, os EE UU. Unha das consecuencias desa diáspora que se mantivo, con variacións, ata a crise económica de 1929, polo grave impacto do crack económico estadounidense, foi a forte pegada deixada polos indianos e emigrantes retornados na denominada ARQUITECTURA INDIANA.

Localizada nas zonas rurais e situada cronoloxicamente nos primeiros trinta anos do século XX, nela asoman elementos autóctonos con outras correntes internacionais como o historicismo, o modernismo, o eclecticismo e o racionalismo; xunto con novos materiais construtivos como o ferro fundido, o cemento, a tella plana, as lamias de cinc, os estucados, o vidro policromado, a cerámica, a baldosa e a incorporación dun xardín con especies arbóreas exóticas, como a arau- caria, a palmeira, o magnolio e o teixo.

texto-home-1
texto-home-2

Vai estar presente por toda Ferrolterra, e, especialmente, na península de Bezoucos, nas vivendas familiares, como expresión das fortunas adquiridas en América e levantadas nas súas aldeas de orixe. Mais tamén nas numerosas escolas promovidas polas Sociedades de Instrución e por indianos beneméritos dende Cuba e a Arxentina; na arquitectura civil de ocio, como cines, casinos e salóns de baile. A arquitectura relixiosa, debido á mentalidade laica que prendeu nos países de destino, tivo un menor interese, aínda así atopánse exemplos tanto da relixiosa como da funeraria.

Este conxunto do repertorio indiano inventariado que presentamos a continuación constitúe un sobranceiro sinal de identidade do patrimonio histórico de Fene, Mugardos, Ares e Cabanas, que remite tamén a outros valiosos exemplos no Xeodestino Ferrolterra-Rías Altas.

PUNTOS DE INTERESE

DA RUTA INDIANA

Bibliografía

Para saber máis

  • ARES SANMARTÍN, M. “O Pote, 75 anos de sociedade”, Diario de Ferrol, 04-03-2001.

  • ARIAS REI, Mª X. Maniños no pasado, Pontedeume, Concello de Fene, 1994.

  • As Escolas da Emigración - Consello da Cultura Galega, mapas.consellodacultura.gal/escolas/datos_escola.php?cod_escls=302.

  • BELLO PLATAS, A. I. Pazo Libunca, (s. l.), Edicións Embora, 2014.

  • BURGOA, J. J. “Joaquín Jofre Maristany y Juan Sixto Vázquez”, Diario de Ferrol, 14- 07-2019.

  • CALVO TEIXO, L., VÁZQUEZ ANEIROS e ARIAS REI, Mª X. O cine na comarca de Ferrol.

  • CALVO TEIXO, L., VÁZQUEZ ANEIROS e ARIAS REI, Mª X. O cine na comarca de Ferrol.

  • CARNEIRO REY, J. A. e RAMIL GONZÁLEZ, E. “Catálogo de Patrimonio Cultural de Mugardos”, (s. l.), Concello de Mugardos, 2011.

  • CARNEIRO REY, J. A. e RODRÍGUEZ VÁZQUEZ, M. A. Historia de Mugardos, (s. l.), Reganosa- Concellería de Cultura de Mugardos, 2004.

  • Casas de Indianos (FERNANDO BORES GAMUNDI. COORD.), Santiago, Xunta de Galicia, 2000.

  • “El antiguo escolar de Piñeiro recupera la placa de la fundación”, La Voz de Galicia, 16-07-2018.

  • ELIAS, C. “Un viaje histórico por las casonas y pazos de Narón”, La Voz de Galicia, 02-03-2015.

  • “Fene se adentra en su pasado indiano con una ruta interpretativa por Maniños”, FERROL360, 14-08-2018.

  • FRA MOLINERO, E. “Orixe do cemiterio protestante de Ares”, FerrolAnálisis, nº 14, 1999.

  • LÓPEZ NAVEIRAS, E. “A Agrupación e o seu mundo. Unha institución exemplar”, A Tenencia. Agrupación Instructiva de Caamouco, nº 1, 1993.

  • LLORCA FREIRE, G. Centenario das Escolas de Instrucción dos “Naturales del Ayuntamiento de Fene” 1916-2016, A Coruña, Deputación da Coruña, 2018.

  • MÁIZ VÁZQUEZ, B. “Emigrantes retornados de acción en Ferrolterra e Eume (1898- 1936), Cátedra, nº 10, 2003.

  • MÁIZ VÁZQUEZ, B. O Seixo. Na Outra Banda da banda de Ferrol, 1730-1930, (s.l.), Edicións Embora, 2015.

  • PATO, S. “Casas indianas: nueve lugares para descubrir el pasado emigrante de Galicia”, La Voz de Galicia, 06-09-2018.

  • VV AA Indianos. Arquitectura da emigración na península de Bezoucos, Fene, COAG, 2000.