15. CASA SANTA AMALIA
[1919] Eclecticismo
Estrada local que conduce de Ares a Redes
[43°25'39.6"N · 8°12'17.1"W]
Foi un encargo do emigrante redeño na Habana Luciano Rojo López ao mestre local José Calvo, seguindo os planos do arquitecto coruñés Juan Villaamil. As influencias coloniais quedan patentes no amplo soportal lateral da fachada esquerda, cunha longa galería en madeira de teca sostida por columnas. Na fachada principal destacan as portas balconadas con balaustradas de formigón. A cumieira reforza a composición triangular da casa e leva un remate decorativo de influencia neoclásica. Esta maxestosa vivenda chegou a converterse na maior da bisbarra e foi escenario de moitas festas e actos sociais. Ten unha capela adosada.