6. GRUPO ESCOLAR FRANCISCO VIZOSO CANCELA
[1929] Eclecticismo
Rúa Francisco Vizoso, 40. Franza
[43°26'48.4"N · 8°13'09.5"W]
Foi promovido pola Institución Escolar de Franza y Seijo, sociedade fundada na Habana en 1921 e rematado grazas ao devandito emigrante Francisco Vizoso. A simetría domina a composición da fachada, na que destacan as galerías de madeira. Na actualidade é o Centro de Formación Municipal onde se organizan cursos formativos, entre outras actividades.