10. CHALÉ DE ESPERANTE
[1868] Eclecticismo
Avenida de O Seixo, 128
[43°27'29.0"N · 8°13'05.0"W]
Colindante coa Casa Montero, foi promovido polo ferrolán e mestre de obras Manuel Esperante, emigrado primeiro en Cuba e máis tarde nos estados norteamericanos de Florida e Lousiana. Trátase dunha arquitectura residencial, influenciada por modelos foráneos, como os remates pintorescos dos pináculos, moi comúns dos chalés alpinos. Rivaliza en protagonismo o balcón que preside a fachada principal, que é de madeira de teca, totalmente calado e pintado de verde.